Colexio María Auxiliadora - Lugo

Escola de Pais

Subir

Escola de Pais

Reproducimos nestas páxinas todos os boletíns informativos referentes a Escola De Pais clasificados por etapa educativa e curso escolar. Somentes aparecerán documentos ata o curso escolar 2012-13 xa que a partires desa data, decidimos levar a cabo esta tarefa formativa mediante convocatoria presencial para nais e pais no colexio. Esperamos seguir contando coa vosa presencia nesta tarefa tan importante durante o presente e vindeiros cursos académicos.
EI - Xuño 2013
Educar nenos AUTÓNOMOS,Para ser nenos RESPONSABLES
O ser humano aprende a responsabilizarse, ou a non facelo, dende a primeira etapa da súa vida. As pequenas tarefas e obrigacións da vida cotiá terán que estar adaptadas a cada idade do neno. O sentido da responsabilidade entrará en xogo dende as máis sinxelas situacións da vida cotiá e no trato diario que o neno teña cos seus pais, os seus mestres e os seus iguais.
EP - Xuño 2013
Educar nenos AUTÓNOMOS, para ser nenos RESPONSABLES
O ser humano aprende a responsabilizarse, ou a non facelo, dende a primeira etapa da súa vida. As pequenas tarefas e obrigacións da vida cotiá terán que estar adaptadas a cada idade do neno. O sentido da responsabilidade entrará en xogo dende as máis sinxelas situacións da vida cotiá e no trato diario que o neno teña cos seus pais, os seus mestres e os seus iguais.
ESO - Xuño 2013
A nutrición e a aprendizaxe
Que é a alimentación saudable? É a que contén unha grande variedade de alimentos. O consumo debe ser en cantidades abondo que permitan a cada membro da familia cubrir a diario as necesidades de enerxía e nutrientes para manterse activos e saudables.
ESO - Abril 2013
Adolescentes e a lectura
Ti coma pai es o principal educador dos teus fillos. Nesta escola de país aconsellámoste que facer para fomentar a lectura dos teus fillos adolescentes. Ler ensina a falar e a pensar ben. Cando ensinamos a un rapaz a ler estamos proporcionándolle o instrumento de aprendizaxe máis potente que creou a humanidade. Lendo aumentamos a nosa competencia lingüística, que á vez vai mellorar o pensamento, a convivencia, os proxectos, a eficacia académica e laboral.
EP - Abril 2013
Como fomentar a lectura na etapa de Primaria
Aos nosos nenos e nenas, encántanlles que lles leamos e lles contemos contos,pero, podemos realizar moitas máis actividades que motiven a ler; como as que propoñemos aquí: Para empezar a falar da LECTURA, en relación coas vosas NENAS e NENOS,debemos partir dunha idea xeral importante: "A necesidade de ler TAMÉN fóra da escola."
EI - Abril 2013
Como fomentar a lectura dende Infantil
Aos nosos nenos e nenas, encántanlles que lles leamos e lles contemos contos, pero, podemos realizar moitas máis actividades que motiven a ler; como as que propoñemos aquí: Para empezar a falar da LECTURA, en relación coas vosas NENAS e NENOS, debemos partir dunha idea xeral importante: "A necesidade de ler TAMÉN fóra da escola."
EI - Decembro 2012
Conflictos, berrinches, caprichos ... Que facer?
Hoxe en día educar é unha tarefa difícil. Quizáis o fora sempre, pero a cantidade de cambios que vivimos e a rapidez con a que se desenrolan certos acontecementos, fannos vivir nun estado de permanente confusión, que acentúase cando nos atopamos coa misión de Educar. Os pais en xeral teñen medos, inseguridades, dúbidas, preguntas e moi poucas respostas, queren acercarse os seus fillos e moitas veces non saben como actuar ante conflictos cotidiás.
EP / ESO - Decembro 2012
Empezou o cole. A poñerse as pilas!
Empeza o cole. Para a maioría é unha volta á rutina. Pero non está de máis recordar algunhas cousas importantes... Que non se nos esquezan!
EP / ESO - Xuño 2012
As novas tecnoloxías
É importante que os pais coñezamos e orientemos aos noso fillos neste "universo" de internet. O desenvolvemento das novas tecnoloxías é imparable: videoxogos, chat, tuenti, facebook... A súa aportación é grande para os coñecementos e o acceso á información, mais o abuso desmesurado dos adolescentes alerta dun detrimento sobre outras actividades: lectura, deporte, estudo, vida familiar...
EI - Xaneiro 2012
O meu fillo é un mandón
Se o teu fillo é pequeno (aproximadamente menor de seis anos) e non para de dar ordes a todo o mundo, axeitando o xesto e o ton de voz dun maior, é probable que che pareza chistoso. Pero cando o neno é grande e continúa a portarse dese xeito, a situación xa non é tan cómica e é posible que comeces a darte conta do problema que supón para el nas súas relacións cos demais, xa que ningún amigo quererá xogar con el, a non ser que atope un compañeiro que se deixe gobernar.
 
 
Powered by Phoca Download
Logo cole transparente
COLEXIO
Mª AUXILIADORA
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Descargas Escola de Pais