Colexio María Auxiliadora - Lugo

Admisión alumnado. Curso 2017-18


Instalaciones

PROCESO DE ADMISIÓN
Toda a documentación completa sobre o proceso de admisión, así como os Anexos necesarios para presentar no colexio, atópanse neste enlace da web da Xunta de Galicia. Os anexos tamén poderán ser recollidos no propio centro en papel, así como ser descargados dende os seguintes enlaces para ser cubertos online e posteriormente entregados na secretaría.
  • DO 2 AO 20 DE MARZO: PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
    • HORARIO: DE 09:00 A 13:30 HORAS
    • A PARTIR DAS 14:00 HORAS DO DÍA 20 DE MARZO, NON SE RECOLLERÁN MÁIS SOLICITUDES
  • DO 1 AO 12 DE ABRIL: PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE ADMISIÓN.
  • ANTES DO 25 DE ABRIL: PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS
  • ANTES DO 15 DE MAIO: PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS.
  • DO 20 AO 30 DE XUÑO: FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA.
  • DO 25 DE XUÑO AO 10 DE XULLO: FORMALIZACIÓN MATRÍCULA ESO.
  • DO 1 AO 10 DE SETEMBRO: PRAZO EXTRAORDINARIO PARA ALUMNADO ESO.
AVISOS IMPORTANTES:
  • Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión
SERVIZOS QUE OFERTA O COLEXIO
Entre outros destacamos os seguintes:
  • ATENCIÓN AO ALUMNADO DENDE AS 7:45H.
  • COMEDOR CON COCIÑA PROPIA E ATENCIÓN EDUCATIVA ATA AS 16:15H.
  • AULA DE EDUCACIÓN ESPECIAL.
  • AULA CON ESPECIALISTA EN PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA E AUDICIÓN E LINGUAXE.
  • ORIENTACIÓN VOCACIONAL E ACTIVIDADES PASTORAIS.
  • ATENCIÓN PERSONALIZADA POLA ORIENTADORA ,REFORZO E APOIO EDUCATIVO.
  • SECCIÓNS BILINGÜES (Galego-Inglés) EN 4º de Primaria (Ed. Plástica) e 5º e 6º de Primaria (Ed. Física)
Logo cole transparente
COLEXIO
Mª AUXILIADORA
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Noticias Avisos web Admisión alumnado. Curso 2017-18