Colexio María Auxiliadora - Lugo

Curso 2017-18. Convocatoria de axudas para libros de texto e material escolar.

No DOG do día 22 de maio de 2017 publícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Esta orde ten por obxeto o procedemento ED330B para regular no curso 2017/2018 no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos:
  • A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria
  • A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP. 
  • A convocatoria de axudas para material escolar destinadas ao alumnado de Educación Primaria e Educación Secundaria.

PRAZOS:
  • ENTREGA SOLICITUDES: ATA 23 DE XUÑO
  • DEVOLUCIÓN DE LIBROS: Antes do 23 de Xuño agás alumnos que teñas materias pendentes que entregarán os libros antes do 7 de setembro.
  • PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS: 14 de Xullo 2017.
  • PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS PRIMARIA: 21 xullo de 2017.
  • PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS SECUNDARIA: 15 de setembro de 2017.
Logo cole transparente
COLEXIO
Mª AUXILIADORA
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Noticias Avisos web Curso 2017-18. Convocatoria de axudas para libros de texto e material escolar.