Colexio María Auxiliadora - Lugo

6EP - Fin de Curso

6EP Graduacion 6EP Perbes
Fotos
Graduación
Fotos na Praia

Remata o curso e con el os nosos alumnos de 6ºEP dixeron adeus á etapa de primaria na que tanto tempo estiveron estudiando. 
Como premio a tanto esforzo demostrado, estivemos na praia de Perbes disfrutando dun día de convivencia entre compañeiros e mestres. De volta ao colexio esperábannos os pais dos alumnos para dar paso ao Acto de Graduación que tivo lugar no salón de actos do centro. Alí puidemos disfrutar dunha montaxe de video que mostraba moitos e variados momentos da vida dos rapaces ao longo da etapa educativa que agora abandonan. Foron momentos de risas, bágoas e sobre todo moitas emocións. Como remate do acto cada alumno recibiu de mans dos seus titores as orlas de fotos de tódolos compañeiros e compañeiras que compartiron estudos de primaria xunto coas dos seus profesores. Desexámoslles que a nova etapa da ESO que comezan lles sexa moi productiva e que se sigan traballando e disfrutando ... e sobre todo formándose como persoas, xa que aquí radica o verdadeiro esforzo polo que todos (pais-profesores-alumnos) traballamos no noso centro.
Logo cole transparente
COLEXIO
Mª AUXILIADORA
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Noticias Avisos web 6EP - Fin de Curso