Colexio María Auxiliadora - Lugo

Presentación de NOVAS RUTAS. Curso 2017-18

NR


Queridos pais e nais,
Queremos presentarvos a través deste email unha das actividades estrela do noso colexio. Trátase de Novas Rutas. Moitos de vós xa a coñecedes e, de feito, xa tedes aos vosos fillos apuntados neste novo curso. Como tamén hai xente que a descoñece, permitídenos que brevemente vos informemos.
Somos un movemento formativo cristián que pretende axudar a empregar educativamente o tempo libre e educar aos nosos destinatarios en valores sociais e morales: educar para a paz, solidariedade, compromiso, autoestima, integración..., educar contra a marxinación, a violencia, a tolerancia...
Dentro do proxecto incluíuse todo un abanico de propostas de educación no tempo libre: dinámicas grupais semanais para traballar estes valores, oración, xogos grupais, sensibilización ao medio ambiente, saídas, acampadas, campamentos, obradoiros, videoforum, xornadas festivas, encontros xuvenís con outras asociación, cursos de formación, excursións…
O proxecto desenvólvese todos os venres de 17:00 a 19:00 no noso centro, ainda que outras actividades fanse fóra do mesmo. Os destinatarios son nenos/as con idades comprendidas entre 8 e 18 anos.
Animámosvos a coñecernos. Podedes mandar aos vosos fillos este venres 20 a probar. Logo hai folletos en portería para a inscrición. Lembrar que o importe anual é de só 13 € por alumno (non se inclúen no precio as excursións, campamentos e acampadas).

Moitas grazas.
O equipo de animadores de Novas Rutas.

Logo cole transparente
COLEXIO
Mª AUXILIADORA
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Noticias Avisos web Presentación de NOVAS RUTAS. Curso 2017-18