Colexio María Auxiliadora - Lugo

MAGOSTO 2017 (Infantil e Primaria)

EI EP Magosto

O pasado 10 de Novembro, celebrouse nas etapas de Educación Infantil e Primaria o Magosto como en cursos pasados. A diferenza doutros anos, este curso preparouse una roda musical “A xirondiña” típica da provincia de Ourense. Este baile foi organizado desde o Departamento de Dinamización Lingüística. Así que, por cursos fixéronse dúas rodas e os alumnos desfrutaron de facer esta danza outonal cos seus compañeiros.
Logo procedeuse á entrega de premios do I Certame de Froitos de Outono, por parte de E. Infantil e o I Certame de Manteis de Outono na etapa de E.Primaria. Quedando gañadores ; o terceiro premio, Claudia de 4º de EI, o segundo premio; Mariana Sandoval de 5º de EI e o Primeiro Premio foi para Sergio de 6º de EI. Asemade, os cursos de 2ºA, 3ºB e 6ºB de E Primaria foron premiados respectivamente.
Máis tarde procedeuse a degustar as ricas castañas asadas e os manteis voltaron para o corredor da etapa de Primaria. Foi un día moi especial, xa que o alumnado con moita ilusión preparou o mantel de cadanseu curso.
PARABÉNS A TODOS POLO ESFORZO E A ILUSIÓN POSTA NO MAGOSTO!
Logo cole transparente
COLEXIO
Mª AUXILIADORA
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Noticias Avisos web MAGOSTO 2017 (Infantil e Primaria)