Colexio María Auxiliadora - Lugo

5ºEP Visita ao Aquarium - Fábrica da CocaCola

5EP Aquarium

O curso de 5º de E Primaria viaxou o pasado día 17 de Novembro á Coruña para desfrutar dun día de convivencia e de experiencia nun Museo Científico: Acuario de A Coruña, por una banda; e a fábrica da Coca-Cola, pola outra.
A primeira visita foi á fábrica da Coca-Cola na que os alumnos tiveron a oportunidade de ver en funcionamento varias liñas de produción. Tamén estiveron moi atentos e facendo moitas preguntas a Carmen, a nosa guía pola fábrica. Descubriron moitas e diferentes bebidas pertencentes a esta marca e visionaron varios anuncios de anos atrás da bebida carbonatada. Tamén levamos unha gorra de agasallo, como xa é costume nesta visita. Despois demos unha volta polo paseo de Orzán cun día máis que agradable para rematar facendo unha merendiña.
Xa un anaco máis tarde fixemos o xantar na DOMUS; a Casa do home, no seu comedor para rematar xa a nosa estadía no Aquarium. O que máis lles gustou aos rapaces foron as quenllas da "Sala Nautilus" e o espectáculo ao aire libre que nos deron as focas. Para rematar, unha segunda merendiña e unas carreiras ao pé da Torre de Hércules.
Foi unha volta moi leda con algunhas cancións no autocar e xa unha despedida e peche dun día cheo de emocións para os alumnos e os mestres que os acompañamos.
Logo cole transparente
COLEXIO
Mª AUXILIADORA
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Noticias Avisos web 5ºEP Visita ao Aquarium - Fábrica da CocaCola