Colexio María Auxiliadora - Lugo

Escola de Pais – “Disciplina Positiva”

Disciplina Positiva
O Luns 4 de Decembro tivemos a escola de pais do 1º trimestre sobre Disciplina Positiva. Estivo a cargo de Natalia Somoza, nai e docente. Aprendimos que é unha metodoloxía que ten as súas orixes nos anos 20 e nas ideas de Adler, psiquiatra infantil, e Dreikurs. A partir dos anos 80, con Jane Nelsen, sistematizouse, experimentouse e comprobouse ata o momento actual, o beneficio desta maneira de educar.
É un modelo educativo para entender o comportamento dos rapaces e a forma de abordar a súa actitude para guialos no seu camiño de forma positiva, afectiva, pero firme e respetuosa tanto para o neno como para o adulto. Está basasdo na comunicación, o amor, o entendemento e a empatía para gozar das relacións familiares e dá ferramentas aos pais para entender o comportamento dos seus fillos e reconducilo con respecto e positivamente.
Natalia explicounos que para poder atender aos nosos fillos con calidade, os pais temos que coidarnos e ter os nosos espazos. Estar ben para ter boas relacións. Foi moi interesante o obradoiro e tamén poder compartir experiencias e estratexias entres os pais que asistimos. Os rapaces pasárono ben no seu obradoiro sobre emocións.
Recomendou a seguinte Bibliografia:
  • Educar con firmeza y cariño. Disciplina positiva. Jane Nelsen.
  • El cerebro del niño. 12 estrategias revolucionarias para cuidar la mente en desarrollo de tu hijo. Daniel Siegel, Tina Payne.
  • Disciplina positiva en el salón de clase. Jane Nelsen.
Logo cole transparente
COLEXIO
Mª AUXILIADORA
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Noticias Avisos web Escola de Pais – “Disciplina Positiva”