Colexio María Auxiliadora - Lugo

Piano Master Class - 5ºEP

5EP Masterclass
Premer na imaxe para ver fotos da actividade

PIANO MASTER CLASS DE 5º EP DO COLEXIO Mª AUXILIADORA NO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA XOÁN MONTES
O día 5 de Decembro, o Conservatorio Xoán Montes de Lugo abriunos as súas portas para darnos unha clase maxistral sobre o piano, como actividade final do Proxecto “Atrapamos a música?” que se abordou desde varias materias de 5º curso de EP. Nesta nova modalidade pedagóxica partimos de intereses dos propios alumnos. Ao ter música unha hora lectiva á semana os alumnos solicitaron porqué non podían ter máis tempo. Esto, tívose en conta para en torno ao PIANO crear unha serie de actividades que tiveron como fío conductor a música e seguiron os estándares de aprendizaxe de cada unha das materias que se implicaron no proxecto.
O alumnado de 5º de EP viu completada a súa aprendizaxe coa visita ao Auditorio do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes, que en todo momento quixeron colaborar connosco neste proxecto.Alí tivemos unha explicación sobre a orixe do piano e partes, así como clases de pianos…Disfrutando dun pequeno concerto por parte de dúas estudantes de 6º e 5º de Grao Profesional respectivamente que interpretaron a Beethoven e Chopin. Tamén os rapaces tiveron ocasión de escoitar a un estudante de Saxofón e unha estudante de 6º de Grao Profesional que deleitounos co tema coñecido na actualidade “Despacito” de Luis Fonsi.
Fixéronselle entrega á Subdirectora do Conservatorio duns detalles do colexio, algún deles feitos polo alumnado. Foi unha mañá fría de Decembro pero moi musical, os rapaces voltaron para o colexio moi satisfeitos.

Logo cole transparente
COLEXIO
Mª AUXILIADORA
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Noticias Avisos web Piano Master Class - 5ºEP