Colexio María Auxiliadora - Lugo

O Nadal vén cheo de libros!

Nadal biblio

Xa estamos ás portas do Nadal e na biblio querémolo celebrar cun adorno moi especial: unha árbore de libros. Agardamos que veñades vela e que leades as citas tan fermosas que colgan das follas; hanvos gustar. E... xa que vides, aproveitade para botar un ollo polos estantes e coller algún libro en préstamo para as vacacións. Non todo vai ser comer turrón e cantar panxoliñas! Deixémonos acompañar por un bo libro, pode ser o comezo dunha boa amizade...
O equipo da biblioteca deséxavos un feliz Nadal con ese poema tan acaído de Manuel María.
Logo horizontal reducido transparente
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Noticias Avisos web O Nadal vén cheo de libros!