Colexio María Auxiliadora - Lugo

2ESO visita Sobrado dos Monxes

2ESO Sobrado
Premer na imaxe para ver fotos da actividade

O alumnado de 2º ESO do Colexio María Auxiliadora desprazouse a Sobrado dos Monxes para visitar o Mosteiro. Alí puideron observar o emblemático estilo arquitectónico, coñecer a súa historia e analizar a arte a través das distintas dependencias: comedor, sala capitular, os distintos claustros e mesmo a igrexa de estilo Barroco. De regreso pararon na Torre de San Paio de Narla, onde viaxaron á Idade Media. A explicación xirou en torno a historia do Castelo, a relación que ten este coa Cova da Serpe e as distintas familias que habitaron a Torre. Tamén tivo lugar un momento de creación literaria a través da unidade didáctica “Os escribáns”, cunha pluma e un tinteiro feito por eles ,deixaron voar a súa imaxinación sobre os pergamiños que lles entregaron para completar entre todos “O conto Baleiro”.
Logo horizontal reducido transparente
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Noticias Avisos web 2ESO visita Sobrado dos Monxes