Colexio María Auxiliadora - Lugo

2EP - Charla de Cogami

2EP Cogami
Premer na imaxe para ver fotos da actividade

Os alumnos/as de 2º de EP recibiron a visita de María e José Manuel, empregada e usuario de COGAMI respectivamente. Grazas a eles puideron acercarse á realidade de persoas que presentan alguna discapacidade física. José Manuel respostou moi amablemente todas as preguntas que lle plantexaron os nenos e nenas sobre a súa situación, e María explicoulles o traballo que se realiza en COGAMI e as distintas discapacidades que presentan os usuarios que acuden ao centro a través dun conto cunhas personaxes moi interesantes; ademáis mostroulles numeroso material adaptado para estas persoas o cal puideron manipular. Pasamos un rato moi agradable e fomos capaces de entender que na diversidade está a riqueza e que as veces as barreiras as poñemos nos mesmos. Dende aquí agradecemos a María e a José Manuel o tempo que nos adicaron.
Logo horizontal reducido transparente
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Noticias Avisos web 2EP - Charla de Cogami