Colexio María Auxiliadora - Lugo

4ESO - Os mundos de Carlos Casares (MIHL)

4ESO MIHL

O pasado 20 de decembro, xusto antes de marchar de vacacións, o alumnado de 4º de ESO foi visitar a esposición Os mundos de Carlos Casares ao MIHL. Esta mostra itinerante que leva xa varios meses percorrendo Galicia, é unha boa forma de achegarnos á vida e a obra do autor homenaxeado nas Letras Galegas en 2017. Deste xeito fixemos un breve percorrido pola súa traxectoria, dende a súa infancia e formación inicial ata a súa consolidación como un dos autores máis destacados da nosa literatura, pasando pola súa época de deputado no Parlamento galego ou as súas afeccións e inquietudes. Unha vez alí, aproveitamos para visitar tamén a colección permanente do MIHL que recolle diferentes aspectos do pasado romano de Lugo.
Logo horizontal reducido transparente
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Noticias Avisos web 4ESO - Os mundos de Carlos Casares (MIHL)