Colexio María Auxiliadora - Lugo

4ESO - MeteoGalicia e Museo de Historia Natural (Santiago)

4ESO MeteoGalicia
O pasado martes 16 de Xaneiro os alumnos de 4º da ESO foron a Santiago para visitar MeteoGalicia e o Museo de Historia Natural situado no campus norte da Universidade compostelá.
Os rapaces recibiron unha charla sobre a predición meteorolóxica da man de Ana Lage e viron todos os instrumentos necesarios para recoller datos sobre o tempo meteorolóxico, así como información teórica da radio sondaxe, actividade que este ano non se puido levar a cabo na práctica ao estar avariado o aparello receptor de datos ese día.
No Museo de Historia Natural os alumnos puideron ver a fauna e flora típica de cada clima, e descubrir curiosidades como o animal máis velenoso do mundo, meteoritos que caeron na Terra, ademais da colección mellor conservada do mundo de pezas de madeira talladas a man que amosan todas as formas que os minerais poden adoptar.
O rapaces desfrutaron moito desta saída na que descubriron un pouco máis sobre o noso fogar: a Terra.
Logo horizontal reducido transparente
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Noticias Avisos web 4ESO - MeteoGalicia e Museo de Historia Natural (Santiago)