Colexio María Auxiliadora - Lugo

4ESO - Visita ao Vello Cárcere (Lugo)

4ESO Carcere
O xoves día 1 o alumnado de 4° de ESO foi visitar o vello cárcere de Lugo. Foi unha visita moi especial porque nos permitiu coñecer de primeira man un dos escenarios máis significativos da historia recente de Lugo.  En literatura galega e literatura castelá de 4° estudamos a importancia que a guerra civil tivo nas letras, e a visita permitiunos contextualizar perfectamente aquel momento. Coñecimos como era a vida no cárcere naqueles anos da guerra e posguerra e isto axúdanos agora a comprender un pouco mellor algunhas das obras máis conmovedoras das literaturas galega e castelá.
Á parte disto, reparamos nalgunhas características arquitectónicas deste edificio panóptico de finais do século XIX que estivo activo ata 1981, ano no que pechou definitivamente as súas portas como cárcere. Hoxe ofrécesenos como centro cultural no que disfrutar de concertos, charlas, teatro, exposicións...
Logo horizontal reducido transparente
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Noticias Avisos web 4ESO - Visita ao Vello Cárcere (Lugo)