Colexio María Auxiliadora - Lugo

O noso centro

25 anos colexio webO COLEXIO MARÍA AUXILIADORA é un centro privado concertado, recoñecido legalmente nos niveis de Educación Infantil, Primaria,  Educación Secundaria Obligatoria e Educación Especial. Que se acolle ó financiamento público con un concerto pleno para garantir a gratuidade e o acceso a todos.
  • Para garantir unha ensinanza de calidade e unha boa xestión conta co certificado de calidade ISO 9001-2000, dende o ano  2008, renovado no ano 2014.
  • Foi creado pola Compañía de María, pero en 1990 foi asumido polas Fillas de María Auxiliadora, que siguen ostentando a titularidade.
  • O noso centro presta os seus servizos a familias de nivel económico medio, sendo nalgúns casos o nivel cultural  algo superior. Hai que subliñar que hai casos de moita necesidade e que o propio colexio colabora, non só na educación destes nenos e nenas, senón tamén nas axudas primarias para estas familias.
  • Abarca todo o arco evolutivo da ensinanza obrigatoria, dende o segundo ciclo de educación infantil a  cuarto curso de secundaria, en dobre liña. Dita ensinanza vese completada ademáis coa atención ás necesidades educativas especiais en tódalas etapas, a través da aula de educación especial, profesoras de apoio e agrupamentos específicos.
  • Promove a educación integral dos/das alumnos/as de acordo cunha concepción cristiá da persoa, da vida e do mundo. Ofrecendo á sua vez, unha ensinanza baseada no estipulado legalmente e  sempre segundo as características do noso estilo educativo.
  • Asímesmo, superando os límites do ensino  meramente académico, promove actividades culturais, propostas de educación na fe, celebracións relixiosas, actividades de tempo libre... favorecendo un ambiente educativo e evanxelizador,  rico de relacións e experiencias de grupo.
  • Conta con espacios e recursos materiais e humáns  para o desenvolvemento da sua actividade. Entre outros: ordenadadores na casi totalidade das aulas, ademais das duas aulas de informática, pizarra dixital,  tres e -Beam cos seus proxectores, aula de plástica, aula de música, aula de tecnoloxía, biblioteca xeral e biblioteca para infantil e 1º ciclo de primaria,  ximnasio, sala de psicomotricidade, un patio espacioso  con un área específica para infantil  e un pavillón deportivo multiusos, comedor, etc
  • Ofrece tamén espacios e materiais para o desenvolvemento das distintas asociacións: Asociación de Pais/Nais, Asociación de Maria Auxiliadora, Antigos/as Alumnos/as, Grupo “Novas Rutas” e  campamentos urbáns de verán, tamén  a petición doutras asociacións.
  • O centro cobre a necesidade de escolarización principalmente da zona que o rodea, respondendo á petición de servizo de comedor, de atención previa ao horario escolar, e actividades formativas, deportivas, culturais, lúdicas, en tempo extraescolar.
  • A Comunidade Educativa do centro, pretende responder ás necesidades educativas e humanas das familias e alumnos que conforman o noso Centro, dando respostas aos retos tecnolóxicos, ás necesidades sociais (en especial á Interculturalidade) axudando á conciliación da vida familiar e laboral.
  • Valoramos a ensinanza das línguas extranxeiras, especialmente do inglés, que se comeza xa aos tres anos; así como o contacto dos alumnos co extranxeiro, favorecendo os intercambios con Francia,  a viaxe cultural a Lodres e o curso de verán nalgún país de língua inglesa.
  • Entendemos que esas necesidades educativas do alumnado, dependen da idade e/ou estadio evolutivo e das súas posibilidades reais, pero que en definitiva trátase de conseguir que, sexan capaces de desenvolverse como PERSOAS na Sociedade, no ESPACIO e no TEMPO que lles toca vivir.
  • Favorecemos a formación integral dos nosos alumnos, cunha apertura ó plano da transcendencia, propoñendo os valores cristiáns para a súa interiorización como inspiradores do seu proxecto de vida.
  • O equipo directivo e todo o  persoal docente e non docente se esforza por crear un clima de mellora continua, de forma que nos sintamos sempre convidados a reformar positivamente os nosos proxectos contando co apoio necesario
  • Estímase tamén como primordial chegar a alcanzar unha boa conexión coas familias. Compre sinalar xa a implicación dos pais, algúns a nivel persoal e a través do APA, como apoio económico e persoal, a hora de impulsar e organizar diversas actividades de gran importancia para o noso centro
  • Así pois, queremos que o noso centro sexa percibido como unha organización cuns fundamentos sólidos, cun carácter propio ben definido, á vez flexible, con facilidade para a reflexión, o cambio positivo, a adaptación e a renovación;  como unha clara alternativa ante outras opcións que se afastan de ditos principios; sendo un referente para as familias da zona como centro de calidade, proximidade e opción de tempo libre.
  • O motor que impulsa a actividade do centro establécese mediante os principios-valores baseados no estilo salesiano. Estilo definido por D. Bosco e M. Mazzarello co que a nosa escola tenta logra-las súas finalidades.
  • Contamos cun equipo educativo de profesionais  -docentes e non docentes- que ademais do seu labor profesional e seguindo os principios que nos caracterizan, axudan a dar vida esta comunidade educativa mediante o coñecemento e cultivo da lingua, costumes e cultura galegas; potencian un clima de integración e de apertura a tódolos pobos e culturas; e impulsan a síntese entre fe, cultura e vida.
  • Estes principios-valores, conforman unha idea que subxace en toda a Comunidade Educativa e que marca o noso camiño diario. Para facer que dita idea sexa operativa e funcional (de modo que se vexa reflectida en accións diarias) o equipo de mestres do centro, ademais das accións cotidiáns agardables en toda actividade docente en relación con normas, actitudes e valores, realiza un traballo baseado na revisión e posta en marcha de obxectivos de carácter anual.
  • Estes obxectivos concrétanse ademais coa posta en marcha de distintas estratexias para os distintos membros da comunidade educativa. Cada ano son revisados,  e modifícanse segundo a necesidade e  o proceso de mellora continua.
Logo cole transparente
COLEXIO
Mª AUXILIADORA
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Quen somos (2017-18)