Colexio María Auxiliadora - Lugo

A oferta pastoral

Consideramos A escola como lugar privilexiado de formación integral da persoa en tódalas suas dimensións, para acadar aquela finalidade que D. Bosco resumía así: "Bos cristiáns e honrados cidadáns"

  • O noso proxecto ofrece unha visión do mundo e da persoa dende a Persoa de Xesús e os valores do humanismo cristiá.
  • Procuramos que todos os elementos educativos do ambiente, dos procesos, das estructuras, dos contidos curriculares e das relacións sexan coherentes e estean abertos ao Evanxeo.
  • A acción pastoral é toda forma de acompañamento dos nenos e mozos que leva a um proceso de maduración na fe axudando a construir boas persoas.
  • A oferta pastoral é para todo o alumnado, coa correspondente gradualidade e continuidade, segundo os níveis educativos.
  • Todo o persoal do centro está implicado nestes procesos, ainda que corresponda ao coordinador e equipo de pastoral presentar as propostas e animar a sua realización.
  • A realización do Proxecto Educativo Salesiano esixe a converxencia de inrtervencións e de conviccións por parte de todos. Por iso falamos de Comunidade Educativo-Pastoral que sexa á vez suxeito e ambiente de educaión e evanxelizacións.
  • E, ainda que non é solo un conxunto de accións de índole relixiosa, senón un estilo, un ambiente que se crea, salientamos algunhas intervencións , como son: o momentos dos "Bos Días" ao comezo de cada xornada; a clase de Relixión católica; as celebracións cristiáns; as campañas de solidariedade que axudan a crecer en sensibilidade social; as convivencias cristiáns; a celebración das festas da Igrexa e aquelas particulares do colexio; a oferta dun itinerario de fe vivido en grupo, especialmente dende a plataforma asociativa de Novas Rutas.
Logo cole transparente
COLEXIO
Mª AUXILIADORA
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Quen somos (2017-18) A oferta pastoral