Colexio María Auxiliadora - Lugo

ANPA

PAIS E NAIS DE ALUMNOS

anpa

Os pais dos alumnos participan da vida da escola. Eles son os primeiros educadores dos seus fillos e confían ó noso centro a continuación da educación que reciben na casa. Fan uso do dereito de escoller o tipo de educación que desexan para os seus fillos ao traelos a este centro católico. Participan na marcha do centro mediante a súa representatividade na Asociación de Nais e Pais de Alumnos (Xunta Directiva), e no Consello Escolar con catro membros.
1. OBXECTIVOS DA ANPA
  • Colaborar coa tarefa educativa en tódolos seus ámbitos.
  • Orientar e estimular ós pais en todo o referente á educación dos seus fillos.
  • Defende-los dereitos dos seus membros ante os problemas de carácter educativo/formativo que puideran xurdir en pro da procura dunha ensinanza de calidade.
  • Fomenta-la participación dos pais na marcha xeral do centro.
A súa finalidade principal é a de impulsar, dirixir e unificar as forzas dos pais en relación a:
  • Súa propia formación.
  • Defensa dos seus lexítimos dereitos.
  • Mellor cumprimento dos seus desexos, especialmente en canto se refire á instrucción e educación dos seus fillos dentro dun espírito cristián, humanístico e integral.
2. SERVICIOS QUE OFRECE A ANPA           
  • Actividades complementarias á formación adquirida na aula: charlas, conferencias, saídas, encontros, festa fin de curso...
  • Colaboración na proposta de actividades deportivas que se concretan ao comezo do curso.
  • Axudas para material didáctico e outros, segundo as necesidades do colexio.
  • Presenta e ofrece propostas, colaboracións, asesoramento, axuda, información, sobre distintos aspectos relacionados coas súas competencias e en especial coa marcha do Centro.

3. COMPOSICIÓN DA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA

Presidenta  Ana Paz Fuentes
Secretaria  María Candal del Río
Tesoureiro  Carlos Figueroa Herrero
Representante Consello da Comunidade Educativa  Carmen Lomba Gómez
Comisión de Convivencia Ana Paz Fuentes
Vogais  Antonio Losada Veiga, María Candal Del Río, Francisco José López Reyes, Jesús Deiros Telo, Sergio Freire Lata, María Belén Pombo Río

ATENCIÓN ÓS PAIS: no Colexio , o primeiro martes de cada mes de 17:00 a 18:00

E-mail: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Logo cole transparente
COLEXIO
Mª AUXILIADORA
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Quen somos (2017-18) ANPA