Colexio María Auxiliadora - Lugo

Órganos de Coordinación

ÓRGANOS de COORDINACIÓN da ACCIÓN EDUCATIVA
  1. EQUIPO DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA: Reúnense como mínimo quincenalmente durante todo o curso, co fin de coordinar e responsabilizarse da tarefa educativo-pastoral da súa etapa. Colabora na avaliación da práctica docente do profesorado.
  2. GRUPO COORDINADOR DE CALIDADE: Formado por representantes de todos os niveis educativos, é o responsable de realizar o seguimento do Plan de Calidade así como de dinamizar o proceso de mellora contínua. Reúnese semanalamente.
  3. EQUIPOS DOCENTES DE ETAPA: Reúnense como mínimo quincenalmente para velar polo ambiente educativo e facer un seguimento da programación anual, así como do proceso de ensino-aprendizaxe dos alumnos de cada etapa e da propia labor docente.
  4. EQUIPO DE PASTORAL: que ten por función animar e coordinar a acción evanxelizadora e pastoral. Reúnense quincenalmente.
  5. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA: que ten por función elaborar o plan xeral para potenciar o uso do idioma galego, así como realizar o seguimento do mesmo. Reúnense semanalmente.
  6. DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN: realiza actividades encamiñadas a mellorar e complementar o proceso de ensino-aprendizaxe, escola de pais, técnicas de estudio, orientación escolar e profesional. Reúnense semanalmente.
  7. DEPARTAMENTOS DIDÁCTICOS: A súa función é propor o deseño formativo na materia da súa competencia (obxectivos, contidos, metodoloxía, materiais didácticos, criterios de avaliación) e tamén impulsar e desenrolar programas de perfeccionamento científico e profesional do profesorado.
  8. OBSERVATORIO DA CONVIVENCIA: É un órgano creado para reflexionar e investigar en relación co estado da convivencia no Centro, propoñer e, de selo caso , deseñar estratexias a adoptar para o fomento da cultura da paz e mellorar o clima da convivencia escolar. Reúnese unha vez ó trimestre.
    • COMPOSICIÓN:
      • Directora Pedagóxica, que exercerá a presidencia.
      • Xefe de estudios e a orientadora, como representantes da Titularidade.
      • Dous representantes do profesorado.
      • Un representante do alumnado.
      • Dous representantes de Nais-Pais do centro.
      • Un representante do PAS.
Logo cole transparente
COLEXIO
Mª AUXILIADORA
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Quen somos (2017-18) Coordinación educativa