Colexio María Auxiliadora - Lugo

Saúdo e Presentación

ANA REY Logo 2017 18

Seguro que as vacacións de verán mereceron a pena: descansamos, gozamos coa familia e amigos, divertímonos e volvemos con ánimo para afrontar un novo curso escolar. Como cada ano, incorporámonos ao colexio con renovadas ilusións, con ganas de facer ben as cousas e con novos retos que nos esixirán unha atención e unha dedicación especial.
O noso lema para este curso é: “Se compartes, multiplícase”.  Juan 6, 1-15. Basta que poñamos os nosos cinco pans e dous peixes e Cristo fará o milagre. 
COMPARTE: porque todo é posible para quen é xeneroso. O que non compartes pérdese. Compartir é crecer, é darse aos demais, porque unha sociedade mellor é posible se a construímos entre todos. 
MULTIPLICA: a abundancia é unha característica do auténtico amor. Se sumo os meus dons e talentos aos dos demais multiplícanse, crecen.
Este curso é unha oportunidade para multiplicar a boa educación, as capacidades, os coñecementos, as alegrías, as amizades, os esforzos, a solidariedade e a fe. Estamos convidados a traballar o valor da unidade na comunidade educativa da cal todos formamos parte. 
Desde o 5 de agosto pertencemos á Inspectoría Salesiana Mª Auxiliadora. Estamos a vivir un estilo educativo con moitos pais, profesores e alumnos de toda España, nunha constante reflexión e formación para unha actualización pedagóxica e pastoral. Fomentamos unha metodoloxía que promove as aprendizaxes significativas integrando en cada momento os avances pedagóxicos. Buscamos a formación integral dos nosos alumnos: unha boa preparación intelectual, afectiva e moral para facilitar o seu pleno desenvolvemento persoal e social. 
Espero que o 2017-18 sexa un ano escolar cheo de fraternidade, bo ambiente, aprendizaxe e éxitos para todos. Non podemos negar que todo camiño ten as súas dificultades e algunha teremos que superar ata que cheguemos á meta, pero xuntos seremos capaces

Ana Mª Rodríguez Rey
Directora Titular
Logo cole transparente
COLEXIO
Mª AUXILIADORA
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Quen somos (2017-18) Saúdo e Presentación