Colexio María Auxiliadora - Lugo

Seccións Bilingües

bilingue 01
1.- INTRODUCCIÓN
  • No curso académico 2013-14 unha nova sección bilingüe GALEGO-INGLÉS cos alumnos e alumnas de 6ºcurso de Ed. Primaria na materia de Educación Física.
  • No curso 2014-15 decidimos ampliar dita sección anterior ao curso de 5º curso de Ed. Primaria na mesma materia de Educación Física
  • No curso 2015-16 iniciamos unha nova sección bilingüe en 4º curso de Ed. Primaria na materia de Ed. Plástica
  • No curso 2017-18 iniciamos unha nova sección bilingüe en 3º curso de Ed. Primaria na materia de Ed. Plástica

Foron moitos os factores que nos animaron a emprender este reto. Cecáis por enriba de todos eles, destacaba o feito de que xa, dende moitos cursos, temos desenvolvido un proxecto lingüístico normalizador da lingua galega no colexio que nos está reportando resultados moi satisfactorios. Salvando as distancias dos idiomas que forman parte dun e doutro proxecto, a base dos mesmos é moi similar: normalizar o uso de dúas ou máis linguas para que os nosos alumnos poidan empregalas dun xeito "normal" que vaia moito más aló da súa asignaturización e polo tanto poder ser empregadas en contextos da vida cotiá e real dos propios rapaces e rapazas.
Unha vez que tivemos claro que podiamos cumprir cos requisitos legais que a Consellería de Educación nos impoñía, puxémonos a programar as materias de Educación Física e a de Educación Plástica para que poidesen ser impartidas nos dous idiomas (galego e inglés) nunha porcentaxe que se acercara ao 50% en cada lingua.

2.- XUSTIFICACIÓN

O Claustro de Profesores do noso centro optou por impartir en inglés os coñecementos correspondentes ás seguintes áreas non lingüísticas: Área de Ed. Física e Área de Plástica.
As sesión semanais das asignaturas serán impartidas en inglés, usando o galego para aquelas explicacións ou aclaracións que os alumnos necesiten para o completo entendemento dos contidos, poidendo aumentar ata o 50% en función do desenvolvemento do Proxecto.
Ao total das horas impartidas no idioma específico, ao que debemos engadir as tres horas do Área de Lingua Estranxeira, non supoñerá en ningún dos cursos de Educación Primaria máis dun 50% do horario total dos alumnos/as.
A selección destas áreas atende ás seguintes xustificacións:

  • Os contidos de Ed. Física son básicamente expresión corporal e iniciación deportiva, o cal fai que partamos dun vocabulario específico máis ou menos coñecido polos alumnos/as (penalty, pass, out, in, dribbling, corner ...)
  • Os contidos de Ed. Plásica para o cuarto curso de educación primaria son básicamente expresión de técnicas e tipos de obras plásticas: Landscape, portrait and still life painting e uso de materiais: Poster paints, felt-tips,...
  • As dúas áreas contan cunha carga de contidos menor que outras, implica numerosas instrucións e procesos verbales, os cales poden ser transmitidos de forma sinxela e directa, ben de forma verbal, visual e xestual, ao tratarse de materias eminentemente prácticas.

3.- ORGANIZACIÓN das distintas seccións
3.1.- Ed. Plástica

Coordinadora da sección bilingüe:
Mª Dolores López Neira
Mestra da materia de Lingua Estranxeira no cuarto curso de EP
Mestre do área da sección bilingüe:
Marta Borrajo Zon
Mestra da materia da sección bilingüe (Plástica) / Certificado B2 en Inglés/ Diplomada en Mestre en lingua estranxeira (inglés)/ Licenciatura Filoloxía Inglesa.
Alumnado:
Alumnado correspondente aos cursos de 3º e 4º de Ed. Primaria.


3.2.- Ed. Física

Coordinador da sección bilingüe:
Fidel Carlos San Gregorio Cordero
Mestre da materia de Lingua Estranxeira nos cursos de 5º/6º EP
Mestre do área da sección bilingüe:
David Varela Martínez
Especialista da materia da sección bilingüe (Educación Física) / Certificado B2 en Inglés
Alumnado:
Alumnado correspondente aos cursos de 5º e 6º de Ed. Primaria.
4.- AVALIACIÓN
4.1.- Do Proxecto
  • Procederase a valorar a consecución dos obxectivos nas reunións de Ciclo, de forma que se poidan ir corrixindo ou reaxustando algúns dos aspectos que poidan resultar mellorables. Una vez por trimestre, na reunión de coordinación da sección bilingüe, o coordinador e o mestre avaliarán o proceso.
  • Ao finalizar o curso, presentarase ao claustro unha Memoria que se incluirá na Memoria final de curso.
4.2.- Da práctica docente
  • O profesorado revisará os métodos implementados en cada unidade didáctica ou proxecto para axustalos ás necesidades temporais ou permanentes do alumnado, gustos, preferencias e estilos de aprendizaxe de cada neno/a.
  • Á súa vez, teranse en conta os resultados obtidos e o nivel de implicación que se consegue por parte do alumnado; un alto nivel de atención e implicación levará a reforzar as técnicas e materiais utilizados; pola contra, si a atención e implicación é baixa implicará unha revisión das actuacións levadas a cabo.
4.3.- Do Alumnado
  • A avaliación será globalizada e continua; primarase o traballo diario no aula e a implicación e esforzo do alumnado.
  • O profesorado terá en conta os logros persoais que observe no aula.
  • No caso de alumnado procedente doutros centros nos que non tivera cursado ensinos bilingües, realizarase por parte do profesorado unha avaliación previa que determine o nivel de competencia inicial do neno/a en Linguas Estranxeiras, tras o cal determinarase a adecuación necesaria de obxectivos/contidos/actividades de reforzo/criterios de avaliación necesarios para tratar de cursar a materia da maneira máis axeitada.
SB 01    SB 06    SB 08
Logo cole transparente
COLEXIO
Mª AUXILIADORA
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Quen somos (2017-18) Seccións Bilingües