Colexio María Auxiliadora - Lugo

A nosa identidade

Os principios e criterios da nosa acción educativa están baseados e inspirados na PROPOSTA EDUCATIVA DAS ESCOLAS SALESIANAS, que se concretan no CARÁCTER PROPIO DO CENTRO.
PropuestaCOMO ESCOLA CATÓLICA, fundada sobre os valores do evanxeo, fiel a misión confiada por Deus a comunidade eclesial, en diálogo coa realidade cultural e relixiosado nosso contexto, trata de:
  • Promover a formación integral dos alumnos de acordo cunha concepción cristiá da persoa, da vida e do mundo
  • Crear un ambiente que favoreza a testemuña e acción evanxelizadora dos creentes
  • Impartir a ensinanza religiosa escolar con programas académicos axeitados no seu contido e calidade
  • Promover, entre os que desexen, itinerarios de educación na fe e outras actividades de vivencia comunitaria e de celebración, no marco do respecto as liberdades
  • Orientar cara a inserción e ao compromiso nos movimentos eclesiais
  • Colaborar dende os valores evanxélicos, con outras forzas sociais comprometidas na construcción dunha sociedade mais humana e mais xusta.
COMO ESCOLA SALESIANA actualiza o proxecto educativo de D. Bosco e María Mazzarello que, ao longo dos anos, seguen estando presentes entre os nenos e os mozos. A escola salesiana: 
  • É popular, libre e aberta a todas as clases sociais, dando preferencia aos máis necesitados.  
  • Exclúe calquera discriminación.
  • Cultiva un ambiente de familia que educa, de forma que os rapaces atopen nela a sua propia casa.
  • Coloca ao alumno no centro do proceso educativo e axúdalle a crecer mediante múltiples propostas educativas.
  • Coida a relación cos alumnos mediante unha presenza educativa entre eles.
  • Da preferencia as necesidades da zona e promove a solidariedade cos máis necesitados, tamén en colaboración con outras entidades.
  • Favorece a participación corresponsable de todos os membros da comunidade educativo-pastoral
  • “Educa evanxelizando e evanxeliza educando”
Logo cole transparente
COLEXIO
Mª AUXILIADORA
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Quen somos A nosa identidade