Colexio María Auxiliadora - Lugo

Plan de Calidade

O NOSO PLAN DE CALIDADE
O esforzo póla mellora continua para unha oferta educativa de calidade ven recollida na Política de Calidade do Centro, na que se expresan os tres elementos que definen a nosa identidade e son a síntese da nosa proposta educativa: MISIÓN, VISIÓN,VALORES, explicitados neste mismo documento cando se fala das características do noso centro.
Dende o curso 2003-2004 o Centro ten elaborado o seu Plan de Calidade que é punto de referencia de toda a comunidade educativa, punto de partida para a elaboración e o desenvolvemento dos plans de mellora que se fan cada ano, e que tocan todos os procesos de ensino-aprendizaxe, coa pretensión de acadar sempre mellores resultados.
Este plan implica a toda a comunidade educativa, dende os docentes ao personal de administración e servizos.
O equipo Coordinador de Calidade, composto polo Equipo Directivo e os coordinadores de etapa e orientación, coa Coordinadora de Calidade son os encargados de facer o seguimento mensual do devandito plan e de velar para que se apliquen axeitadamente todos os procedementos e protocolos, así coma de elaborar os plans de mellora, tendo en conta as avaliacións, as enquisas, as necesidades descubertas e as suxerencias recibidas, buscando o mellor para os nosos alumnos.


POLÍTICA DE CALIDADE
Somos unha comunidade educativa con ideario cristián baseado no sistema preventivo de San Xoan Bosco, para formar honrados cidadáns e bos cristiáns.
¿Que pretendemos?
  • Diriximos o   noso labor educativo ás etapas de Educación Infantil, Primaria e ESO, dando resposta ao alumnado de necesidades educativas específicas (N.E.E.).
  • Buscamos a súa preparación intelectual , afectiva e moral para facilitar o seu pleno desenvolvemento persoal e social.
  • Queremos personalizar as relacións educativas cunha presenza activa e cercana dos educadores cara aos alumnos.
  • Pretendemos que a nosa misión educativa teña continuidade máis alá da etapa escolar, ofrecendo aos xovenes os cauces de acercamento necesarios.
  • Queremos conseguir unha comunidade educativa que viva nun ambiente de familia salesiana comprometida e participativa.
¿Como o facemos?
  • Temos unha metodoloxía aberta e flexible que promove aprendizaxes significativos integrando en cada momento os avances pedagóxicos a través da formación permanente do profesorado.
  • Ofrecemos aos membros da comunidade educativa unha formación humana, cristiá e salesiana aberta ás novas sensibilidades e necesidades sociais mediante o dialogo e a razón.
  • Satisfacemos necesidades de tempo libre e ocio en asociacións xuvenís ( Novas Rutas, antigos Alumnos).
  • Favorecemos a colaboración e a participación das familias dos nosos alumnos (ANPA) nas actividades do Centro, co respaldo dos valores promovidos dende a nosa proposta educativa.
  • Apostamos polo traballo en equipo de forma coordinada coas distintas institucións educativas e o uso das novas tecnoloxías.
  • Para todo iso contamos con os valores propios do noso Sistema Preventivo.
Logo cole transparente
COLEXIO
Mª AUXILIADORA
Avda. Ramón Ferreiro 30. 27002 - Lugo - LUGO - administracion@mauxiliadoralugo.com - Tlfno. 982284369 - Fax 982284669

Vostede está aquí: Home Quen somos Plan de Calidade